A nosa candidatura: capacitada, renovada e traballadora

Veciñanza concorre ás Eleccións Municipais do 26 de maio cun equipo solvente e preparado para darlle a Cuntis o impulso que vén precisando dende hai décadas. Para iso, presentamos de novo unha candidatura composta por 21 integrantes (o máximo que permite a lei), pero confeccionada a partires do traballo dun grupo humano moito máis amplo.

A nosa candidatura componse de xente nova pero con experiencia e coñecemento procedente dos sectores máis dinámicos da nosa vila: asociacións culturais, clubes deportivos, entidades veciñais, etc. Preséntase renovada en máis da metade (52%), pero mantendo inquebrantable a esencia do proxecto orixinal e os valores sobre os que se ergue. Coa experiencia adquirida nestes catro anos de traballo intenso na Corporación Municipal e coa ilusión de tanta xente que se incorporou nos últimos meses ao proxecto. Temos a certeza de que se trata do equipo máis capacitado e comprometido, coa solvencia necesaria para aplicar un programa de goberno realista e eficaz.

Velaquí a candidatura completa:

  1. SANTI MARTÍNEZ LÓPEZ
  2. SALETA FERNANDEZ DE LA TORRE
  3. FERNANDO OTERO CONDE
  4. RAQUEL ARCA GARCÍA
  5. ROBERTO CAEIRO DUARTE
  6. MARIA IRENE SÁNCHEZ ARINES
  7. JAVIER COTÓN GONZÁLEZ
  8. DIEGO MAGARIÑOS GONZÁLEZ
  9. UXÍA SEIXO PAZOS
  10. JOSE ALBERTO GONZÁLEZ FERRO
  11. SILVIA PORTAS ESCARIZ
  12. ALBERTO PORTELA LISTE
  13. MARINA ISABEL RODRÍGUEZ ALONSO
  14. JUAN ANTONIO AMEIJEIRAS PUENTE
  15. CRISTINA KOVACS SOTO
  16. PAULO ESCARIZ TORRES
  17. ALBA TORRES ESPIÑO
  18. DANIEL COUSO SOUTO
  19. MARCOS PENA CHAYÁN
  20. MARIA FERREIRO COUSO
  21. FAUSTINO MÍGUEZ SOLLA

Share

Tamén pode gustarche...